Ouro Moído

Nome: Ouro Moido
Descrición: Viño semidoce elaborado a partir dunha vendima tardia con botrite e parando a fermentación con frío. En orixe, na viña en determinadas condicións de humidade, o fungo denominado Brotrytis Cinerea, tamén coñecido como “Podremia nobre”, atravesa a pel das uvas ata un punto de deshidratación que concentra o néctar restante nunha dozura única. Unha pequena cantidade, apenas “ouro moído”, que lle outorga nome a este viño singular e de produción limitada.
Variedade: Branco lexítimo.