Cazapitas

“Sen as nosas viñas nada sería posible, e é por iso que merecen todo o noso agarimo. Herbicidas, insecticidas e acaricidas non son usados nas nosas viñas”, defenden desde a adega Cazapitas.

O proxecto Cazapitas salienta a gran diversidade xenética das vides galegas e defende traballar un gran número de castes. Á hora de faceren os seus viños brancos, cóntanos da importancia do seu traballo de lías para dárenlle carácter e lonxevidade aos seus viños. Alén diso, nos tintos destacan que se caracterizan por unha longa maceración duns vinte días compaxinado con barricas que non son novas para que non desapareza a froita.

Tamén defenden a recuperación do viño con Ratiño, unha pequena e selecta produción de apenas dous centos de botellas e cóntannos da súa estratexia de vendima máis cedo na procura dun viño “con máis acidez e frescura”.

Nome Comercial: Cazapitas
Ano da fundacion da adega: 2015
Variedades de uva coa que traballa: Albariño, Raposo (Branco lexítimo) e Ratiño.
Volume aproximado de produción: Uns 8.000 litros.
Outros produtos ademais de viño?: “Cazapitas” (Raposo), “Cazapitas O Peruco” (Ratiño), “Cazapitas 12 (Albariño)” e “Fonteneixe” (Albariño).
Persoa de contacto: Juan Chamoso.
Enderezo: Buía, 17. 15984 – O Araño (Rianxo)
Correo electrónico: cazapitassl@gmail.com
Redes sociais: https://www.facebook.com/cazapitas, https://www.instagram.com/cazapitas
Teléfono: 605 625 782
Pode visitarse a adega?: Visitas personalizadas a grupos pequenos.
Adega Cazapitas - Viños da Coruña