Bordel

“A uva sempre formou parte das nosas vidas, non só para facer viño. Había vides como quen tiña cerdeiras… Meu pai xa as coidaba e ademais forma parte da nosa cultura”. Xosé Antonio Meixide está á fronte de Adegas Bordel, unha adega familiar que transforma as uvas cultivadas nun predio da súa propiedade en Sarandós, que está no límite da IXP, a 200 metros de altura, no Concello de Abegondo, no recanto coñecido como “Ladeiro”.

Nunha área integrada na Reserva dá Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, a familia mantén actividade vencellada a diferentes actividades agrarias, nas que a viticultura ten a súa máxima expresión a través dunha caste, con presenza secular neste territorio, a Branca Lexítima.

A adega está integrada no Marco de Calidade Turística do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. (SICTED, Compromiso de Calidade Turística) e forma parte dun roteiro de agroturismo. Os seus promotores teñen o compromiso de pular contra o abandono das terras e poñer en valor a viticultura na comarca. Na actualidade van camiño de dobrar a pequena área de produción inicial, de media hectárea, cara a unha hectárea total de cultivo vitícola.

Nome Comercial: Adegas Bordel
Ano da fundacion da adega: 2010
Breve historia: A uva sempre formou parte das nosas vidas. Antigamente facíase viño para a casa, pero pouco. En 2024 comezaremos a ter case media hectárea máis en produción. Pasaremos a case unha hectárea, e aquí quedaremos nesta xeración.
Variedades de uva coa que traballa: Branco lexítimo, Godello Agudelo (brancas) Mencía (tinta)
Volume aproximado de produción: 2.200 litros de IXP branco / 280 litros de IXP tinto / Un pouco de viño de mesa
Nome dos viños comercializados: “Bordelar” (branco), “Bordelar” (tinto) e Seixedo (monovarietal de branco lexítimo).
Outros produtos ademais de viño?: Viño doce e viño aromatizado
Persoa de contacto: Xosé Antonio Meixide Fernández.
Enderezo: Bordel, Parroquia de Sarandós, Abegondo. 15318
Correo electrónico: adegasbordel@gmail.com
Pode visitarse a adega?: Forma parte dun roteiro de agroturismo, mais non están aínda preparados para acoller xente.
Adega Bordel - Viños da Coruña