Doce Lexítimo

Nome: Doce lexítimo
Descrición: Fase visual: Límpido e brillante, de cor amarela mel con refachos bronce. Fase olfactiva: Moi intenso, profundo e moi complexo, con elegantes e exclusivas notas de botrytis nobre (cáscara de laranxa, mel, pomelo… ), con froitas confitadas: orellóns, doce de marmelo, confeitura de laranxa… Fase gustativa: Moi ben armado, a boca é para perderse nun universo de aroma e sabores.
Variedade: Uva 100% branco lexítimo.
Graduación alcólica: 11%