Beade

A forma de cultivo sostible, con control dos procesos pero fomentando a fermentación espontánea, sen usar lévedos ou outros produtos e o esforzo en prol da recuperación de solos con gran potencial, son os valores diferenciais destacados por José Luís Bouzón Beade, quen segue a tradición de seu avó e fundador da adega, José Antonio Beade. Por tras, unha longa tradición familiar vitivinícola na comarca de Betanzos.

“Elaboramos viño de mesa, e a creación da Indicación Xeográfica Protexida Viño da Terra de Betanzos alá polo ano 2000 veu a representar un gran impulso para nós e en xeral para todos os viticultores, animando a modernización das nosas pequenas adegas tradicionais. Supuxo tamén ter que replantar con variedades de calidade, mellorar o cultivo da viña, os tratamentos, ata a propia elaboración do viño con técnicas máis modernas”.

Defenden desde a Adega Beade que a arela de seu traballo é conseguir que o consumidor se achegue aos seus viños con curiosidade: “Son viños novos, frescos e que non ocultan a súa orixe, pois a través do viño pódense identificar as características dos nosos solos e o noso clima”.

Nome Comercial: “Ribeiras de Armea”
Ano da fundacion da adega: 2000
Breve historia: Facían viño de mesa antes da IXP. A nova xeración recupera bancais, amplía parcelas e fomenta o cultivo sostible.
Variedades de uva coa que traballa: Branco lexítimo, Agudelo (brancas) Mencía, Roibal (tintas)
Volume aproximado de produción: Superficie de 2 hectáreas. Entre 3mil e 6mil (flutúa moito)
Nome dos viños comercializados: Dous mínimo por ano: “Ribeiras de Armea” (tinto e branco) / Tamén, ás veces, outros como “Talai” e “A Barra” de leiras que están a recuperar.
Outros produtos ademais de viño?: Augardentes artesanais
Persoa de contacto: José Luis Bouzón Beade
Enderezo: San Mamede, 10 – 15314 Paderne (A Coruña)
Correo electrónico: adegasbeade@gmail.com
Redes sociais: https://www.facebook.com/ladeirasdepaderne, https://www.instagram.com/ribeirasdearmea
Teléfono: 690139866
Pode visitarse a adega?: Non como tal, mais ao estar dentro dunha reserva protexida, a Reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, forma parte dun roteiro agroalimentario que organiza unha empresa turística de Betanzos.
Marker
Leaflet © OpenStreetMap contributors
Adega Beade - Viños da Coruña