Xirpín

Nome: Xirpín
Descrición: É un viño baseado na caste local raposo (branco lexítimo, caracterizado polo seu potencial aromático, se cadra un punto máis elevado que o albariño, e unha sensación en boca máis densa e de tacto graxo) acompañada dunha importante porcentaxe de albariño. Os anos nos que o albariño reduce a súa achega, como foi no 2012, o Xirpín leva o sinal máis acusado do raposo, neste momento con flor de mimosa, néspera e outras froitas de óso e un paso menos vertical. Estamos diante dun viño aguzado pero equilibrado, cunha chea de sensacións aromáticas, intenso, profundo e cheo de matices.
Tipo de viño: Branco
Variedade: Albariño e branco lexítimo.
Graduación alcólica: 12.5%